miércoles, 7 de noviembre de 2012

AS BRUXIÑAS DE CARNOEDO...


Éste foi o pequeno mural que fixemos para felicitar ás nosas familias o Samaín:





Estamos feitos/as unhas bruxiñas, pero boíñas eh! Seguiremos a enfeitizarvos pouco a pouco...



Sorpresa de Candela


  Mirade qué sorpresa tiñamos no noso correo...


Mateo dí "feliz halloween"

Adri dí "la quiero mucho"

Arantxa dí "que le gustan mucho sus calabazas"

David  di "me gusta la calabaza"

Yago dí "feliz samaín".

Como ves, estamos encantados de que te acordes de nós!

Moitos bicos Candela!

domingo, 4 de noviembre de 2012

Son un morcego




Xa sabedes que estamos feitos uns artistas. Pois ben, como queremos seguir demostrándoo, aproveitamos o Samaín para inventar unha canción, disfrazarnos e representala para que nos poidades ver....aquí nos tedes....

Cumple Javier


Collar de zonchos



O pasado mércores, Mateo chegou ó cole cunha sorpresa, un collar ou rosario de zonchos! Nun primer momento, todos nos quedamos asombrados, porque non sabiamos qué era iso, unhas castañas colgadas dun fío...pero Maru encargouse de contarnos cómo se chamaba, era un rosario de zonchos! Polo visto, é unha tradición de fai mooiiiiito tempo, no que os nenos/as, tal día coma ese, facían os collares con castañas cocidas. A verdade é que é unha tradición ben chula!

Mirade qué guapo estaba Mateo co seu collar...

 
 
 
Moitas grazas Maru por traernos esta fermusura, e, sobre todo, por contarnos a súa historia! Mateo compartiu con todos nós as castañas!

Exposición de cabazas 2012


lunes, 22 de octubre de 2012

Descansamos....




Pensades que non somos capaces de descansar? mirade entón como nos relaxamos mentres agardabamos por unha sorpresiña....