domingo, 26 de febrero de 2012
viernes, 24 de febrero de 2012
Que xoves tan divertido!
Como lembraredes, o mandato do Meco para o xoves foi que cada un viñeramos como queriamos. Mirade que guapos estabamos:
miércoles, 15 de febrero de 2012
A nosa señorita estase preparando...
Parece que Candela está argallando na súa casa para vir guapísima mañá! quixo compartir con nós dous dos seus modelos...cal escollerá mañá? con calquer dos dous está xenial!
Ademais, a súa familia aproveitou para felicitarnos polo video do San Valentín e mandarnos un bico enorme! moitas grazas polos vosos comentarios e felicitacións! Alegrámonos que vos guste o noso traballo!
Ademais, a súa familia aproveitou para felicitarnos polo video do San Valentín e mandarnos un bico enorme! moitas grazas polos vosos comentarios e felicitacións! Alegrámonos que vos guste o noso traballo!
O último mandato do Meco...
Hoxe foi o último mandato do Meco, porque xa sabedes que o venres o temos reservado para lucir os disfraces que estamos a facer! parece que se quere despedir deixándonos un pouco de libertade, e así o ano que vén queiramos que volva...
Máis cómodos imposible!
Hoxe fixemos realidade o mandato do Meco máis cómodo, vir en pixama! non sabedes o agustiño que estivemos toda a mañá...só puxemos o mandilón para merendar! e, como era mércores, Raquel tamén se animou! Mirade qué guapos estabamos....
O noso pequeno mar...
Ó estar aprendendo cousas sobre os pingüinos, tamén coñecemos que comen peixes, que nos fondos mariños hai algas, que viven enriba do xeo da Antártida...e claro, animámonos a facer un pequeno recuncho dedicado ó mar! mirade qué bonito quedou...
Temos un patrón de embarcación na clase!
O sábado, Martín foi no seu barquiño dar un paseo. Mirade cómo se tivo que abrigar! facía moiiiiito vento, e incluso se mollou un pouco por mirar pola borda!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


