miércoles, 11 de mayo de 2011

Merendamos fóra



Onte tivemos a visita dun contacontos. Cando rematou, xa era hora do patio, polo que aproveitamos e saímos tomar a merenda fóra. Aquí podedes escoitar algúns dos problemas cos que nos atopamos,jaja. Bo proveito!

viernes, 6 de mayo de 2011

Vermicompostaxe

ADIVIÑÁDELO?

Estes días andamos un pouquiño atarefados nun asuntiño que temos entre mans...de momento non vos imos contar nada, só vos deixamos unhas fotiños para darvos unhas pistas...que faremos cunhas medias, con serrín...? Pronto o saberedes, tede paciencia!





martes, 3 de mayo de 2011

PERSONALIZAMOS A AULA

Como desde a rúa non se aprecia, poñémosvos unhas fotiños de cómo adornamos a nosa aula con motivo da chegada da primavera. Cada un de nós escollimos o que queríamos facer, e así convertímonos en alegres bolboretas, simpáticos paxariños, flores ou xoaniñas... a nosa aula está moito máis alegre!










Déstesvos conta que o número de ventás coincide co número dos que somos en clase?

domingo, 1 de mayo de 2011

Igualdad de Género




Atopei este video pola rede que me parece interesante para seguir traballando o tema da igualdade. Disfrutádeo!