miércoles, 16 de marzo de 2011
RELAXACIÓN MÁXIMO
O barquiño de Máximo parece que non quería navegar...de seguro que despois de practicar un pouquiño máis o consegue!
RELAXACIÓN JOEL
Esta semana fixemos un pequeno taller de relaxación coa profe Noela. Aprendimos que é moi importante saber "respirar coa barriga" para non cansarnos ó falar. Joel fíxoo estupendamente!
martes, 15 de marzo de 2011
ROSALÍA CONTESTOUNOS!
Como xa sabedes, hai uns día enviámoslle a Rosalía unha carta cunha pinza súa do pelo que perdeu no patio do cole (e atopamos) e cuns debuxos para que nos recorde. Pois ben, hoxe chegounos unha carta de resposta! qué emoción! e qué contentos nos puxemos! enviounos un debuxo, cunha dedicatoria a cada un, e contounos que está ben, que o seu irmán xa está moi grandiño... Agradecémoslle moito que nos contestase. Aquí tedes unhas fotiños do momento...
domingo, 13 de marzo de 2011
SOMOS PEPAS E PASCUALAS
Como non podía ser doutro xeito, nesta semana de troula tamén tivemos tempo a disfrazarnos das nosas mascotas. Mirade que simpáticos estabamos...non nos recoñeciamos!
viernes, 11 de marzo de 2011
marzo 4, 2011
Aquí vos deixamos unha mostra do desfile do entroido. Pasámolo xenial, estabamos guapísimos! despois de pasar tantos nervios, repuxemos forzas cos postres típicos tas ricos que nos trouxéstedes as familias. Moitas grazas!!!e, pos suposto, agradecervos tamén a vosa axuda á hora de facer os disfraces, fóstedes uns perfectos deseñadores! disfrutade do video...
jueves, 10 de marzo de 2011
Pepa obedece o mandato!
Como xa sabedes, un dos mandatos do Meco foi o de vir cun mandil de cociña, concretamente o luns. Pois ben, esa fin de semana, Pepa estivo con André e a súa familia, e parece que non quixo ser menos e lles pediu un madil para ela! esta Pepa...cada día é máis espelida! moitas grazas familia polo detalle! aquí vos deixamos unha foto para que vexades o simpática que estaba.
maquillaxe de entroido
Chegou a hora de compartir con vós as nosas vivencias do Entroido... a verdade é que pasamos unha semana moi divertida...este video é do día que decidimos maquillarnos de xoaniñas e lobos feroces!!! tedes que perdoar a tardanza, pero a profe aproveitou as vacacións para viaxar (gústalle mooooooito ir de viaxe!). Prometemos ir subindo cousas pouco a pouco...
miércoles, 2 de marzo de 2011
Iago fai de conferenciante
A idea comezou cando quixemos facer unha conferencia. Iago empezou a falarnos das familias, e desde ahí, saíron un montón de ideas: papás que non cociñan, mamás que traballan en traballos de chicas, o médico dos animais que agora non se chama veterinario, senón jorge... sen desperdicio!!! merece a pena velo!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


