lunes, 31 de enero de 2011
Celebramos o Día da Paz
viernes, 28 de enero de 2011
Celebramos a Paz!
Hoxe tivemos a celebración do día da Paz. Xa sabedes que estivemos facendo unha caixa relacionada co concepto do amor... para iso, pensamos cómo transmitir amor e fixémonos fotos, buscamos en revistas... póñovos un pequeno adianto, á espera de saber qué fotos podo subir. Por certo, o chocolate con churros estaba boísimo!
jueves, 27 de enero de 2011
Cambio de imaxe
Como vedes, cambiei un pouquiño a imaxe do blog. A verdade é que esto dos blogs é un mundo apaixonante, non me canso de renovalo! seguirei intentando sorprendervos...
Novo enlace
Quería avisarvos de que puxen un novo enlace, un buscador infantil. Trátase dun buscador, como o noso google, pero exclusivo para nenos/as, xa que ten todos os filtros necesarios para que os contidos sexan os adecuados. Pareceume interesante, sobre todo no caso dos que xa saben escribir e poden adentrarse no mundo de internet (que xa sei que hai algún que o fai). Púxeno no apartado de "a xogar", posto que ahí é donde pretendo poñer todo o dirixido ós nenos/as directamente.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


