lunes, 16 de marzo de 2015

SEGUIMOS A APRENDER COAS AMIGAS RUMIANTES

A semana pasada, dentro do proxecto das vacas, seguimos a aprender cousas novas. Esta vez, Adri presentou o seu material, un dos nosos preferidos no recuncho das vacas, unha composición de Lego dunha ordeñadora!!! con el, falamos de cómo se ordeñan as vacas nas fábricas, se é coas mans do granxeiro ou non, por qué meten o leite nun bidón xigante (Miguel explicounos que a poñen moi quente para quitarlle os microbios) e moitas cousas máis...


Grazas Adri!

No hay comentarios:

Publicar un comentario