lunes, 23 de junio de 2014

FIN DE FESTA

YAGO-SERGIO DALMA "BAILAR PEGADOS"

ARANTXA-MASSIEL "LA LA LA"

MATEO-DAVID CIVERA "DILE QUE LA QUIERO"

ADRIAN-RAPHAEL "YO SOY AQUEL"

PRESENTACIÓN FIN DE CURSO 2013/14





TEMOS QUE FACERNOS CUN EQUIPO DE MEGAFONÍA!

FIN DE CURSO 2013/14

A HORTA DEU OS SEUS FROITOS!



A nosa hortiña, finalmente, foi dando os seus froitos! pero o único que poidemos probar foron as fresas, e estaban boísimas. É unha das froitas nas que máis se nota a diferencia se son de orixe ecolóxico ou non verdade? espero que as leitugas sigan a medrar moito nas vosas casas e poidades disfrutar dunha rica ensalada!





miércoles, 18 de junio de 2014

SUSO TRAINOS UNHA SORPRESA!



Esta semana, o noso amigo Suso sorprendeunos cun niño de verdade! traía dous ovos pequerrechos. O que máis nos impresionou é cómo de ben fan os paxaros os seus niños, non se desfai facilmente! Mirade qué chulada:



Moitas grazas Suso!!!

ORGANIZAMOS XOGOS NÓS SÓS!



Así de ben sabemos organizar xogos nós sós. Un día destes días no recreo xogamos ó xogo do pano.




martes, 10 de junio de 2014

ÚLTIMA ENTREGA DA INVESTIGACIÓN



Hoxe tivemos a última sesión da nosa investigación. Pero non por se a última foi menos importante, xa que seguimos aprendendo moitas cousas. Neste caso, aprendimos o que é un eclipse grazas á maqueta que nos fixo Victoria coa axuda do seu papá. Mirade qué estupendo:




MOITAS GRAZAS FAMILIAS! FIXÉSTELO ESTUPENDAMENTE!

lunes, 9 de junio de 2014

MENSAXE DE GULLE!





Hoxe tivemos sorpresa, recibimos unha mensaxe de Guille! que emoción, que alegría levamos! alegrámonos de que esté así de ben e de que se acorde de nós.



UN BICO GORDO GUILLE!

PREPARAMOS AS PORTADAS DO TRIMESTRE







Aquí nos tedes, preparando as portadas para as fichas finais!!!!

jueves, 5 de junio de 2014

CHARLA DE "EL PARTO ES NUESTRO"



Hoxe tivemos unha visita moi especial na escola, xa que asistimos a un taller promovido por a asociación "el parto es nuestro" co cal aprendimos moitas cousas sobre o embarazo, o parto e os primeiros meses de vida.

Para levar a cabo tal actividade, viñeron á escola Teresa, que foi a encargada do taller, María, unha rapaza embarazada de 40 semanas, que dentro de moi pouquiño se vai  converter na mamá de Pedro, Sara, a nai de Victoria, que veu con Ester, súa irmá, e Elena, a nai de Miguel, que como é matrona nos puido explicar moitas cousas.

Comezamos vendo unha proxección da evolución do embarazo, cómo vamos medrando dentro da barriga de mamá, aprendimos que ás 22 semanas os bebés xa oen e as mamás xa os sinten, que é o cordón umbilical, cómo se coidan as embarazadas....



Despois, quixemos escoitar o corazón de Pedro, o cal está puntiño de nacer. Aprendimos que o corazón dos bebés latexa moito más rápido que o noso.... cómo nos gustou este aparello!



Despois, vimos cómo avisan os bebés de que teñen fame, facendo muecas como se chuparan, e observamos cómo mamaba Ester...e agora xa sabemos que o leite de mamá leva azúcar!!!

e, por último, pedímoslle a María que se tumbase no chan para poder intentar sentir en qué posición se atopaba Pedro...




Moitísimas grazas ás catro!!!! aprendimos moitísimo e pasámolo xenial! Esperamos que Pedro lle de un parto feliz á súa mamá!!!

martes, 3 de junio de 2014

YAGO

MATEO

ADRIÁN

VOLVEMOS SUBIR Ó ESPACIO...



Chegou o martes, e con el o día de seguir aprendendo moitas cousas sobre o Universo. Esta semana axudámonos do material de Adri e de Miguel.

A familia de Adri fíxonos un telescopio, ou máis ben un "observador de constelaciones". Troxéronnos un montón de constelacións feitas, as cales podemos ir cambiando, metendo no aparello e coa axuda dunha linterna vémolas tan ben que case parecen reais! Todo un invento!!!




Miguel e a súa familia tamén usaron a creatividade á hora de facer o seu material, xa que con eles fómonos directamente ó espacio!!! Miguel trouxo unha caixa xigante coa cal podemos cubrir todo o noso corpo, e por dentro está cheíña de estrelas, lúas... fluorescentes, polo tanto, metidos na súa oscuridade, parece que estamos no espazo! Ademais, trouxonos tamén un pequeno Larousse no cal aprendimos moitas cousas, cómo en qué posición está a terra en cada mes, cales son as rotacións, cómo se viaxa á lúa...e mil cousas máis.






MOITAS GRAZAS FAMILIAS! ESTAMOS FACENDO UNHA INVESTIGACIÓN CHULÍSIMA!!!

lunes, 2 de junio de 2014

EN CARNOEDO SEMPRE PASAN COUSAS...



O outro día, cando saímos ó patio, vimos que o camión da basura estaba levantando algo moi grande no aire...chamounos a atención e alá fomos!






Aquelo parecía maxia!!!! como era posible que o contenedor se movese solo? e donde estaba o conductor??? nese momento, un señor saiu de detrás do camión cun aparello nas mans, e a profe pediulle que viñese contarnos que estaba a pasar.... explicounos que o que tiña nas mans era unha especie de mando a distancia, desde o cal dirixía o brazo do camión e lle servía para vaciar o contendor.



Xa aprendimos algo máis! ai que ver o importante que é este señor e o material que el ten!



Moitas grazas señor! foi toda unha aprendizaxe en directo!


BROCHETAS DE FROITA