miércoles, 27 de febrero de 2013

cumple mateo cabaleiro




Mateo quixo compartir con nós un bonito recordo do seu cumple, celebrado o sábado pasado. Todos xuntos volveron á época medieval e viviron unha tarde moi animada. Mirade....

Grazas familia!

miércoles, 20 de febrero de 2013

Escapamos do frío invernal




Aínda non vos contamos que fai uns días que temos unha cheminea na clase! estivémola facendo nas últimas semanas. O primeiro que fixemos foi buscar en internet formas de quentarnos nas casas, e despois escollimos a cheminea como a nosa favorita. Levounos bastante traballo facela, mirade:









 
 
 
Pero a verdade é que estamos contentos co resultado, e moi quentiños!
 
 
 
 
Gústavos?

lunes, 18 de febrero de 2013

FELICITAMOS ÓS GRUMETES




Hoxe, mirando blogues amigos, atopámonos con que os grumetes tamén saben a canción que tanto nos gusta, "fun ó mercado". O ano pasado xa eramos uns fans dela, e este ano seguimos a selo (ademais agora temos o dvd d maria fumaça donde a podemos ver). Pois ben, estivemos vendo cómo o fan, e como nos gustou moito, decidimos poñerlles un comentario no seu blogue. Noraboa rapaces!

JAVIER MARIÑEIRO





O outro día estivemos vendo unhas fotos que nos enviou a mamá de Javi ó noso correo. Resulta que o ano pasado, no entroido de Sada, Javier gañou o primeiro premio co disfraz de mariñeiro que trouxo ó cole! Estívonos contando cómo foi a experiencia, quén llo fixo (vese que lle quere moito ó avó, jaja, levou todos os méritos!) mirade, mirade....

jueves, 14 de febrero de 2013

Ahi viene el bombero!



Así de guapos/as son os bombeiros que este ano están a patrullar Carnoedo!



Moitas grazas a todos por vir vernos, por participar da festa e polos ricos postres que trouxéstedes!

MAQUILLAXE DE ENTROIDO


Disfraz libre



O xoves o Meco foi moi considerado. Deixounos vir disfrazados ó noso gusto, para que así teñamos un bo recordo del e o próximo ano queiramos que volva ó noso cole! Mirade cántos personaxes houbo en Carnoedo:


A comodidade chegou o mércores!



O mércores, grazas ó mandato do Meco, viñemos así de cómodos ó cole:


martes, 5 de febrero de 2013

UN ZAPATO DE CADA XEITO...


Tal e como nos mandou o Meco, hoxe tivemos que vir cun zapato de cada xeito! este Meco ten unhas ideas...





Menos mal que o mandato para mañá nos vai resultar moitísimo máis cómodo: