lunes, 4 de diciembre de 2017

CONOCEMOS A CANTARÍN

Hoxe tivemos unha visita especial na escola, Ava trouxo a súa nova mascota, o canario Cantarín! como sabredes, participamos no Concurso de debuxo da Sociedade Coruñesa de Canaricultura e Ava resultou ser gañadora. Déronlle un trofeo, un diploma, un cómic e o máis importante, un precioso canario ó que chama Cantarín. Nos contou que canta moito, que o teñen que tapar para que durma polas noites, que lle vai pedir ós Reis Magos unha xaula máis ampla...infinidade de cousas. Mirade qué fermoso é:



Por suposto, presentámoslle á nosa mascota, Manchitas, o cal é moi curioso e se acercou moito moito!




Moitas grazas Ava!

domingo, 3 de diciembre de 2017

XOGAMOS COAS SÍLABAS

Fai uns días fixemos un xogo que nos gusta moito. Consiste en que cada un de nós ten unha letra (neste caso escrita na frente) da cal nos temos que acordar, e bailamos libremente pola aula. Cando para de soar a música, a profe nos di unha sílaba ou unha palabra que temos que formar. Para iso, temos que saber si a nosa letra é necesaria e en caso afirmativo en qué lugar nos temos que colocar. Mirade qué ben o facemos:






cumple de Nayla

martes, 31 de octubre de 2017

PRIMEIRA VISITA DE BRÚXULA

Visítanos Brúxula!!!





Este curso desde Isla Fantasía chegan moitas novidades. Coñecemos a You You Tu, a neta de Brúxula, a cal nos foi contando que unha dragona caeu enriba da escola da Illa e, mentres non se reconstrúe, todos os habitantes da Illa están vivindo na Pagoda China, a casa de Brúxula. Pois ben, hoxe, mentres faciamos a relaxación, apareceu Brúxula en Carnoedo! viña un pouco perdida, e tivemos que axudarlle a atopar "o norte". É tan simpática! tamén nos ensinou a maleta que ten no desván da Pagoda, da cal nos falara You You Tu, e mostrounos varios dos recordos da China que alí ten. Así, nos animou a facer os nosos amuletos, tan necesarios no día de hoxe para vencer o medo! Xa queremos que volvas Brúxula!

lunes, 30 de octubre de 2017

Pasámolo de medo





Hoxe, cando estabamos en clase de inglés co teacher Rafa, pasou algo asombroso...tivemos unha visita misteriosa!!!adiviñades quen era??? menos mal que somos moooooi valentes, que se non...

jueves, 5 de octubre de 2017

Curso novo, novidades!

Pois sí, aquí estamos de novo! a vida volveu á escola de Carnoedo e tamén as novidades. Unha delas é que, durante a asemblea, todos os días facemos unha nova rutina, axudándonos do nome do encargado pero... qué será? pois algo que ten un nome moi difícil, ACRÓSTICO! queredes ver un exemplo? aquí o tedes:



A verdade é que o pillamos á primeira, xa nos saen bastante ben, somos fantásticos!

Primeiros días

domingo, 18 de junio de 2017

naceron os unicornios 3

naceron os unicornios 2

naceron os nosos unicornios

O globo da Illa

Kumananá

Chegada das personaxes

Bailamos ó chegar á Illa

ENCONTRO ILLA FANTASÍA

Olalla monta a cabalo

Nuria monta a cabalo

Noa monta a cabalo

Lucía monta a cabalo

Leo monta a cabalo

lunes, 5 de junio de 2017

GUIRNALDA PARA MALAUVA

Aquí podedes ver o bonita que nos quedou a guirnalda. Temos moitas ganas de vela colocada!

Antes de irse, pediunos que lle sopraramos para dárlle forza. Vémonos o día 16 Malauva!


Debuxamos a Malauva





Malauva nos propuxo que a debuxaramos nunhas bonitas cartulinas para facer con elas unha guirnalda. Sabedes donde estará? adornando a súa casa! a poderemos ver o día 16, que ganiñas!

Vaia escoba tan molona!

Malauva e a súa escoba





A pasada semana visitounos Malauva. Ensinounos a súa nova escoba, cómo mola!

martes, 30 de mayo de 2017

AINHOA

LUCÍA

COLABORAMOS CO GLOBO

Xa cada vez queda menos para que os personaxes da Illa veñan a visitarnos! como xa sabedes, recibimos unha carta na que nos pedían axuda para elaborar un globo aerostático. Por iso, estes días andamos mooooi atarefados facendo o noso cuarterón. Estamos poñendo moito cariño para que quede precioso!





ademais, estivemos pintando os tarriños de cristal para a zona das fadas...qué máxicos nos están quedando!




sábado, 29 de abril de 2017

Visita do avó de Noa

A brúxula emocional

Esta semana introducimos un novo elemento na nosa asemblea: a brúxula emocional. Trátase dunha preciosa brúxula donde aparecen representados os distintos estados de ánimo que podemos sentir. Cada día, o encargado a colle, a vai pasando por todos os compañeiros e lles fai a pregunta "como te sintes hoxe?". Non sabedes o xogo que nos da, algo tan sinxelo que nos axuda tanto a expresarnos...




A maxia da lectura





Aquí podedes ver un dos moitos momentos máxicos dun aula de infantil: o momento no que un neno/a se abstrae de todo o que lle rodea para ler. É fantástico!

jueves, 20 de abril de 2017

IMOS ENCHENDO O GLOBO...

Pouquiño a pouco imos enchendo o noso mural dos desexos. Parece que Manchitas trouxo moito amor polos roedores en Carnoedo! así tamén seguido polas gañas de ter un irmán...todos desexos moi fermosos! mirade qué bonito nos está quedando....







vivan os desexos!!!

A VIAXE DE LUCI

Nestas vacacións Luci tivo a sorte de ir a Tenerife. Antes de que se marchara, pedímoslle que nos trouxera un pouquiño de area de praia de alí, para comprobar si é igual que a nosa, e, por suposto, non se esqueceu!





que negra é! polo visto vén de rocas volcánicas... ademais, contounos que estivo no Loro Parque e tamén no Aqualand, e explicounos qué cousas viu. Contounos que as orcas fixeron aquelo do que falabamos antes de irse de viaxe, salpicar á xente que se poñía cerca, son unhas traviesas...falounos de mil e unha aventuras, debeuno pasar xenial!





fixástesvos? tivo a oportunidade de tocar dous delfíns!! que sorte! pedazo experiencia.

Lucía decidiu deixarnos o libro informativo toda esta semana na nosa biblio, para así aprender cousiñas xuntos. Moitas grazas!



CUMPLE DE AVA

CUMPLE DE ANDRÉ

jueves, 30 de marzo de 2017

INVITACIÓN CONTACONTOS

AHÍ VÉN A CURUXA CATUXA!

QUEN É TITO?

QUEN CHEGOU A CARNOEDO?

Hoxe cando acabamos a relaxación, petaron á porta. Era Tito, un rapaz que andaba a buscar un monstruo e nos preguntaba si o coñeciamos. Díxonos que tiña plumas, que o viu no bosque das Brañas...e cando estaba a contar, apareceu unha curuxa pola porta! axiña pensamos no Búho Beto, pero non, non era. Catuxa, que así se chama, viña buscando a un rapaz que lle chama monstruo...quen sería? pois sí, Tito!



Polo visto, encántalles contar historias, e van vir á biblioteca de Sada varios domingos. Invitáronnos, osea que xa temos plan!

martes, 28 de marzo de 2017

PROPOSTA DE NURIA





Como xa sabedes, temos un encargo moi especial: facer propostas para que os nosos amigos de Illa Fantasía poidan visitarnos! temos que pensar dónde aterrizar, dónde durmir... xa nos puxemos mans á obra!

lunes, 27 de marzo de 2017

NOTICIAS FRESCAS!


A semana pasada vivimos un momento moi importante na escola, caeusenos o primeiro dente! ben, a todos non, claro está, pero como todos somos un o vivimos con moita intensidade. A "afortunada" foi a nosa compañeira Ainhoa! non vexades a ilusión que lle fixo. Tal ocasión, merecía a pena contala dalgún xeito especial. E nos puxemos mans á obra. Mirade qué fixemos:



Por suposto, o ratonciño Pérez fixo o seu traballo e ó día seguinte Ainhoa nolo contou  con pelos e señales. Cantas cousas nos pasan!

lunes, 13 de marzo de 2017

Sopa de letras 2





Aquí tedes a segunda parte. Nesta ocasión, cando paraba a música a profe nos dicía unha letra. Tiñamos que buscala e tachala con pintura negra. Así, pouco a pouco, ata acabalas todas!

Sopa de letras 1





Hoxe de novo xogamos coas letras. Cando a música paraba, tiñamos que escribir unha letra, só unha! así cada vez que non había música. Pouco a pouco, ibamos quedando sin ideas...e enchendo o papel! e non valía repetir, por suposto. De seguido, había unha segunda parte do xogo...

jueves, 2 de marzo de 2017

E tamén para mamá e a profe hai sorpresas!

Lucía reparte ilusión

chegaron as fadas!

Lucía abre a carta de Ela

CHEGADA DA CARTA DE ELA

SORPRESA SORPRESÓN! ELA REGRESA ACOMPAÑADA!

Hoxe tivemos unha sorpresa na escola. Chegou unha carta misteriosa! rapidamente pensamos en Illa Fantasía, e...sí, pero non. Lembrades que Lucía tiña unha amiga, unha fada protectora que marchou fai uns días? sospeitabamos que algo bonito andaba a argallar, pero non tiñamos nin idea...pois ben, hoxe saímos de dúbidas.





Ó ver que os amigos de Lucía tamén querían ter amigos protectores, Ela colleu camiño cara Illa Fantasía para ir a buscalos! agora, incluída a profe, todos temos as nosas fadas e cabalos protectores! mil gracias Ela! eres un sol.

FESTA DO ENTROIDO

O pasado venres desfrutamos da nosa festa do entroido. Despois de moitos días de traballo, puidemos lucir os nosos disfraces!




despois...a comer! degustamos produtos típicos do entroido que as familias trouxeron, e, como non, a tarta de queixo que fixemos nós mesmos o día anterior. Probástela todos?


VIVA O ENTROIDO!!!