Hoxe, coma tódolos martes, seguimos a investigar sobre o universo. Foi o turno do material de Javier e Nerea.
Javier fixo, axudado da súa nai, un precioso xogo sobre os planetas. Fixeron os nove planetas, coloreáronos, plastificáronos e puxéronlle velcro, de xeito que agora podemos xogar a memorizar o seu lugar e volver a colocarlos. Mirade qué chulo:
Nerea e a súa familia trouxeron unha morea de cousas. Estivemos mirando imaxes, ademais de ler un conto no cal aprendimos que hai varios universos, outro que trataba sobre os planetas e os xiros que fai a Terra, e por último unha poesía que seguía a ser unha fonte riquísima de información. Mirade:
Moitas grazas familias! estádelo facendo coma sempre, estupendamente!!!