miércoles, 18 de diciembre de 2013

BO NADAL DE CANDELA!

A nosa amiga Candela sempre se acorda de nós en datas especiais como a do Nadal. Este ano, coma os anteriores, enviounos unha felicitación moi chula.

Mirade qué maior está!



Nela, deséxanos un bo nadal e un feliz 2014. Encantounos Candela! Moitas grazas por acordarte de nós! Os nenos e nenas de Carnoedo tamén che desexamos que pases unhas festas moi felices na compaña da túa familia e que o próximo ano veña cargado de cousas boas!

PD: vasnos ter que dicir dónde consegues eses adornos da árbore tan bonitos, a varios de nós encantounos o de Bob Esponja!

Chuchos!!!

martes, 10 de diciembre de 2013

martes, 3 de diciembre de 2013

Caballito de palo!





Inmersos na nosa investigación, hoxe divertímonos un montón con esta canción tan de moda relacionada cos cabalos!

Nova entrega da nosa investigación



Hoxe volvimos a coñecer moitas cousas sobre os cabalos. Axudámonos do material que trouxo Adri. Mirade:



Repasamos os conceptos xa aprendidos e incluímos algún novo. Por exemplo, aprendimos que os cabalos son équidos, ó igual que as cebras e os asnos.

Aínda tiñamos sen compartir con vós as fotos de outro martes, no que nos axudamos do material que trouxo Adrián e Aaron e Shana.



Grazas a este material, vimos a diferencia entre os cabalos e os ponis, xa que moitos de nós pensabamos que os ponis eran os cabalos bebés e non, eses son os potros! Co conto de Aaron e Shana identificamos diferentes sons de animais, entre eles o relincho do cabalo.

Moitas grazas familias!