sábado, 29 de abril de 2017

Visita do avó de Noa

A brúxula emocional

Esta semana introducimos un novo elemento na nosa asemblea: a brúxula emocional. Trátase dunha preciosa brúxula donde aparecen representados os distintos estados de ánimo que podemos sentir. Cada día, o encargado a colle, a vai pasando por todos os compañeiros e lles fai a pregunta "como te sintes hoxe?". Non sabedes o xogo que nos da, algo tan sinxelo que nos axuda tanto a expresarnos...




A maxia da lectura





Aquí podedes ver un dos moitos momentos máxicos dun aula de infantil: o momento no que un neno/a se abstrae de todo o que lle rodea para ler. É fantástico!

jueves, 20 de abril de 2017

IMOS ENCHENDO O GLOBO...

Pouquiño a pouco imos enchendo o noso mural dos desexos. Parece que Manchitas trouxo moito amor polos roedores en Carnoedo! así tamén seguido polas gañas de ter un irmán...todos desexos moi fermosos! mirade qué bonito nos está quedando....







vivan os desexos!!!

A VIAXE DE LUCI

Nestas vacacións Luci tivo a sorte de ir a Tenerife. Antes de que se marchara, pedímoslle que nos trouxera un pouquiño de area de praia de alí, para comprobar si é igual que a nosa, e, por suposto, non se esqueceu!





que negra é! polo visto vén de rocas volcánicas... ademais, contounos que estivo no Loro Parque e tamén no Aqualand, e explicounos qué cousas viu. Contounos que as orcas fixeron aquelo do que falabamos antes de irse de viaxe, salpicar á xente que se poñía cerca, son unhas traviesas...falounos de mil e unha aventuras, debeuno pasar xenial!





fixástesvos? tivo a oportunidade de tocar dous delfíns!! que sorte! pedazo experiencia.

Lucía decidiu deixarnos o libro informativo toda esta semana na nosa biblio, para así aprender cousiñas xuntos. Moitas grazas!



CUMPLE DE AVA

CUMPLE DE ANDRÉ