jueves, 17 de diciembre de 2015
miércoles, 16 de diciembre de 2015
CARPINTEIRO A DOMICILIO!!!
Fai uns días tivemos un pequeno percance, rompimos a cuna dos muñecos!!! puxémonos moi tristes, posto que non tiña fácil arranxo...a profe dixo que tiña que levala para que a arranxaran, pero á nosa compi Lucía ocurriuselle algo mellor, dixo que o seu papá o podía facer, xa que é carpinteiro!!! Por iso, cando acabamos o cole ó mediodía, ela mesma se acordou de levala cuna consigo para ver si o seu papá obraba o milagre. Pois ben, ó día seguinte xa tiñamos de volta na escola a cuna, e arranxada!!! a nova base é igualiña á anterior, non se distingue nada!!!
Moitas grazas papi! eres un artista!!!
lunes, 14 de diciembre de 2015
Maracas
Estes días estivemos facendo unha actividade con moito son...pronto saberedes cómo o imos empregar...
MÁIS DETALLIÑOS NAVIDEÑOS...
E seguimos a recibir preciosos adornos navideños feitos na casa coa axuda dos nosos papás e mamás. Sodes todos uns artistas!!!
Moitas grazas!!!
miércoles, 9 de diciembre de 2015
O NADAL CHEGA Á ESCOLA
Xa queda moi pouquiño para que chegue unha das épocas que máis nos gustan do ano, o Nadal. A semana pasada comezamos a adornar a escola, puxemos a árbore e algún que outro adorno, pero hoxe quedou inaugurada oficialmente a decoración navideña, por que? porque lles pedimos ás familias que nos axudaran, e que nesta pasada ponte fixeran algún detalle decorativo para traer á escola. Temos clarísimo que en Carnoedo hai moito potencial imaxinativo! mirade:
Moitísimas grazas familias!sodes todos uns artistas!
TRABALLAMOS A TRANQUILIDADE
E...seguimos a traballar as emocións, sempre de xeito lúdico, por suposto! ademais de facer unha pequena introducción ó ioga, desde a semana pasada temos un novo recunchiño na escola, a silla da tranquilidade. Empregarémola cando estemos nerviosos, tristes, enfadados...e de seguro que algún dos nosos compañeiros se acerca a axudarnos. Xa lle dimos algún uso...mirade qué chuli nos quedou:
martes, 1 de diciembre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)