martes, 31 de octubre de 2017

PRIMEIRA VISITA DE BRÚXULA

Visítanos Brúxula!!!





Este curso desde Isla Fantasía chegan moitas novidades. Coñecemos a You You Tu, a neta de Brúxula, a cal nos foi contando que unha dragona caeu enriba da escola da Illa e, mentres non se reconstrúe, todos os habitantes da Illa están vivindo na Pagoda China, a casa de Brúxula. Pois ben, hoxe, mentres faciamos a relaxación, apareceu Brúxula en Carnoedo! viña un pouco perdida, e tivemos que axudarlle a atopar "o norte". É tan simpática! tamén nos ensinou a maleta que ten no desván da Pagoda, da cal nos falara You You Tu, e mostrounos varios dos recordos da China que alí ten. Así, nos animou a facer os nosos amuletos, tan necesarios no día de hoxe para vencer o medo! Xa queremos que volvas Brúxula!

lunes, 30 de octubre de 2017

Pasámolo de medo





Hoxe, cando estabamos en clase de inglés co teacher Rafa, pasou algo asombroso...tivemos unha visita misteriosa!!!adiviñades quen era??? menos mal que somos moooooi valentes, que se non...

jueves, 5 de octubre de 2017

Curso novo, novidades!

Pois sí, aquí estamos de novo! a vida volveu á escola de Carnoedo e tamén as novidades. Unha delas é que, durante a asemblea, todos os días facemos unha nova rutina, axudándonos do nome do encargado pero... qué será? pois algo que ten un nome moi difícil, ACRÓSTICO! queredes ver un exemplo? aquí o tedes:



A verdade é que o pillamos á primeira, xa nos saen bastante ben, somos fantásticos!

Primeiros días