martes, 3 de diciembre de 2013

Nova entrega da nosa investigación



Hoxe volvimos a coñecer moitas cousas sobre os cabalos. Axudámonos do material que trouxo Adri. Mirade:



Repasamos os conceptos xa aprendidos e incluímos algún novo. Por exemplo, aprendimos que os cabalos son équidos, ó igual que as cebras e os asnos.

Aínda tiñamos sen compartir con vós as fotos de outro martes, no que nos axudamos do material que trouxo Adrián e Aaron e Shana.



Grazas a este material, vimos a diferencia entre os cabalos e os ponis, xa que moitos de nós pensabamos que os ponis eran os cabalos bebés e non, eses son os potros! Co conto de Aaron e Shana identificamos diferentes sons de animais, entre eles o relincho do cabalo.

Moitas grazas familias!

No hay comentarios:

Publicar un comentario