Soraia estásenos facendo moi maior. Xa lle caeron varios dentes, pero nunca fora na clase. Pois....hoxe sí! cando estabamos merendando, (debeu ser que hoxe tocaba chocolate, e claro, como moi brando non é...) Soraia foi correndo ó baño e contounos que lle caera un dente, o que se lle movía estes días. Ó principio asustouse un pouco, pero pronto chegaron as risas para buscalo! agardamos que o ratiño Pérez vexa o noso blog para que sepa que foi verdade e traia algún regaliño. E Soraia, non te preocupes, que vas saír igual de guapa nas fotos da voda!!!
Aquí tedes o resultado, aínda con un pouco de cara de susto...
No hay comentarios:
Publicar un comentario