Hoxe celébrase o 50 aniversario da primeira viaxe do home ó espazo. Por iso, aproveitamos para ir á aula de audiovisuais a saber un pouquiño máis deste tema. O primeiro que aprendimos é que Google, cando hai algo que celebrar, cambia o seu logotipo cun debuxiño do que se trate, e que se pinchamos nel, xa nos leva ós contidos. Vimos quén foi ese home, Yuri Gagarin, e cómo foi ese momento: as imaxes del entrando na nave, co traxe posto, e cando despegaba. Impresionounos moito, só tedes que ver as caras de asombro que nos quedaron! Despois, xa na aula, falamos sobre isto, fixemos debuxos e ata un astronauta de plasti feito por André! Mirade...
 |
as nosas caras son un poema! |
 |
ata ten ombligo!
Encantounos esta experiencia! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario