viernes, 3 de febrero de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro, con motivo da celebración do Día da Paz, recibimos unha carta de Illa Fantasía moi especial. Contounos a historia dos guardianes da Paz e aportounos un fantástico material: son os vales da PAZ. Temos oito tipos diferentes, un para cada ocasión (abrazo, bico, perdón, sorriso, axuda...). Na clase xa temos o noso rinconciño cos vales, e así, cando un de nós o precisa (por exemplo porque vemos a un amigo triste e nos apetece dárlle un "es xenial", "bico" "quérote", ou cando nos enfadamos e queremos pedir "perdón". A verdade é que nos encantan! Pero tamén temos os nosos vales para casa, os cales son iguais pero nesta ocasión para repartir a Paz entre os nosos amigos, familiares, veciños...




Disfrutádeos moito!!!

3 comentarios: