jueves, 10 de marzo de 2016

ACERTIJO DAS BRUXAS





Esta vez, tamén nos deixaron unha adiviña...para axudarnos a atopar as colas das sirenas!!!! polo visto, se as queremos encontrar, polas pescaderías de Sada teremos que buscar...xa sabedes! e si as vedes, por favor, sacádelle unha fotiño e enviádela ó mail do cole, ou nola pasades impresa vale? a ver se temos sorte...

AS COLAS DAS SIRENAS





Onte recibimos unha carta moi, moi especial. A segunda carta de Isla Fantasía! nela, tres sirenas nos pedían axuda, xa que, pola noite, mentres deixaron as súas colas a secar, desapareceron....e non as atopan! nós sospeitabamos das bruxas, e estabamos no certo...

lunes, 7 de marzo de 2016

A canción queda con nós


Pensamos que sería boa idea "materializar" a canción, e que quedara con nós na aula, nun lugar visible, para que a felicidade non se nos escape. 

Grazas Lucía!!!

canción de la felicidad





Hoxe, a nosa amiga Lucía, tivo un detalle con nós. Esta fin de semana, escoitou unha canción especial, a canción da "felicidade", e ocurríuselle que sería boa idea traela ó cole e compartila con nós, para que así non haxa ningún neno/a triste. (ó igual que fixera Valeria co tren). Mirade qué bonita.

jueves, 3 de marzo de 2016

VISITA DE ANALFABETA E TACHATODO

VISITA DAS BRUXAS DE ISLA FANTASÍA

PEKY VAI Á CASA...A TRABALLAR!

A nosa amiga Peky, que sempre anda a argallar algo novo, está moi interesada na investigación dos superheroes e superheroínas. Ela, que é moi observadora, deuse conta de que moitos deles levan capa, como elemento fundamental, e ocurríuselle a xenial idea de facer unha propia, para nós, os nenos e nenas de Carnoedo! pero claro, como ela sola non pode, pediunos que forades vós, as familias, as que nos axudedes.

Ela comezou xa a viaxar polas casas, neste caso foi á casa de Leo R. En cada casa, teredes que engadir un pedaciño novo de tela (a que máis vos guste, ou a que máis rabia vos de, unha tela especial para vós ou unha tela calquera). Peky vai acompañada dun libriño, dónde nos podedes explicar cómo foi a vosa labor costureira (con redacción, fotos, debuxos...o que queirades).


Moitas grazas familias! vainos quedar unha supercapa!!!

BINGO!!!

Sabiades que hai xogos da vida diaria que nos axudan mogollón de los mogollones a aprender? pois sí. Neste caso, aprendimos a xogar ó bingo. Agora sabemos que hai que ter un cartón, dónde poñer os números, que os vamos "tachando" (neste caso foi con garabanzos) e que podemos cantar bingo ou liña. Pasámolo xenial!!! Por suposto, os cartóns foron feitos por nós mesmos, practicando así a grafía dos números, e axudando grandes a pequenos:








pintamos batcueva





Aquí seguimos, moi atarefados coa construcción da nosa batcueva, parecen unhas obras en toda regla! pero o esforzo vai merecer a pena. Unha verdadeira obra de arte agochada.