jueves, 14 de abril de 2016

COÑECEMOS A FORTUNATA

Hoxe de novo tivemos visita na escola, viñeron as nosas amigas as bruxas, pero esta vez, Analfabeta veu acompañada de Fortunata, porque...sabedes que? Tachatodo está castigada! sí sí... estivo a facer das súas e mandárona castigada para unha biblioteca. Analfabeta dixo que eso era un lugar moi moi feo, pero Fortunata, en cambio, pensa que non, que é bonito e donde se pasa ben lendo contos. Ahí dímonos conta de que ela sí que sabe ler.

Cando chegaron, fixámonos que traían un obxecto que nos sona...serve para facer conxuros! mirade:

E nos explicaron un xogo. Mediante unhas adiviñas, tiñamos que ir coloreando os lunares do debuxo:

Pero...resulta que non nos deron a solución para os dous últimos lunares, senón unha nova adiviña, e se non acertamos, non poderemos salvar o arcoiris da Illa Fantasía. Deixáronnos o material no cole, e agora temos que solucionalo! seguro que o conseguimos:

A todo esto, mentres nos daban as adiviñas para ir lendo, por equivocación deunos un conxuro para acabar coa escola da Illa! menos mal que a profe lla quitou e despois a rompimos....eso non se pode facer!:

E...sabedes que? Analfabeta pensaba que a ela sempre lle poñían "BIEN" nas fichas, pero en realidade poñíanlle "MAL" ( foi o que ela escribiu no encerado). Coma sempre, nós axudámoslle a saber cómo se pon:


ATA A PRÓXIMA AMIGAS!

3 comentarios:

  1. Impresionante trabajo de las brujas. Se lo merecen todo

    ResponderEliminar
  2. Pois sí!!! estamos encantados con elas....

    ResponderEliminar
  3. ajajajja, e que levar un corazoncito na ficha é un subidón total! eso é cando nos esforzamos moito...todo traballo ten a súa recompensa...esponjitas que son!

    ResponderEliminar