martes, 31 de enero de 2012

Pingüinos comiendo peces




Aquí vos deixamos un video duns pingüinos comendo peixes, xa que estes días estamos aprendendo moitas cousas sobre estos animaliños. Así podemos velo na casa cando queiramos.

domingo, 29 de enero de 2012

Disfrutando dos nosos premios...

Como podedes ver, Candela xa aproveitou esta fin de semana para disfrutar dos premios e ensinarllos á súa familia. Grazas por compartir con nós a foto! e moitas grazas pola felicitación polo noso traballo, estamos todos encantados polo recoñecemento! Alégrome moito de que Candela xa esté ilusionada por facer o traballo para o seguinte trimestre! estás guapísima!!!!

Sorpresa!!!!

O venres recibimos unha fantástica sorpresa...chegáronnos os regaliños por quedar finalistas no concurso de nickelodeon do coidado do medio ambiente e aforro da auga! recibimos un montón de cousiñas. camiseta de Bob Esponja, chaveiro, libriño de actividades e uns puzzles...estamos encantados!!!! desde aquí dámoslle as grazas á organización!




jueves, 26 de enero de 2012

Candela cociñeira

Hoxe recibimos un correo da familia de Candela cunha foto moi apetecible....Candela axudou a facer unhas riquísimas galletas caseras! como non nos soubo explicar moi ben o proceso de elaboración, é mellor que a próxima vez nos traia unha pequena proba, e así sabemos se están tan ricas como parece! ummmm!

Moitas grazas familia!

lunes, 23 de enero de 2012

Un regaliño no cole...

Aínda non vos contamos unha cousa! cando chegamos das vacacións de nadal, atopámonos cunha grata sorpresa, debaixo da árbore tiñamos un regalo!!! rápido empezamos a pensar qué podía ser, pero como non aguantamos máis, abrímolo deseguida.....





Unha pizarra!

Empregámola tódolos días, o encargado escribe o seu nome e a profe aproveita para repasar nela cousas aprendidas... encántanos! e se a profe se despista e non a colle, axiña llo recordamos nós! grazas Reis!

Chocolatada



Mirade qué ben o pasamos o venres coa merenda especial...

domingo, 22 de enero de 2012

Quedamos no podio!




O venres pasado recibimos a chamada dunha das organizadoras do concurso sobre o consumo da auga, lembrades? pois ben, era para dicirnos que quedamos entre os tres finalistas!!! aunque non levamos o primeiro premio, imos recibir algún regaliño...polo que estamos supercontentos! agora temos moitas enerxías para preparar o traballo que nos propoñen para este segundo trimestre...xa vos iremos contanto.

jueves, 19 de enero de 2012

Chocolate con churros

Lembrade que mañá imos merendar chocolate con churros. Polo tanto, non temos que traer a merenda da casa. Ummmm!!!! xa temos moitas ganas de comelo!!!

miércoles, 18 de enero de 2012

lunes, 16 de enero de 2012

A contaminación

Despois de caer na conta que cada vez hai menos bolsas de plástico, estivemos descubrindo o por qué. Aprendimos que as de plástico contaminan máis, xa que non se desfán en moooooito tempo, mentres que as de papel ou cartón pódense reciclar mellor. Por suposto, fixemos a proba!




Agora xa sabemos que non debemos tirar bolsas ó mar, nin ós ríos, senón iremos quedando sen peixes!

miércoles, 4 de enero de 2012

O nadal na miña cidade




Como podedes ver, a miña cidade está superbonita nestas datas. Aquí vos deixo algunhas fotiños que fixen estes días para que o comprobedes!

Mañá lembrade ir moi cediño para a cama que xa andan cerca os tres Reis Magos!

Vémonos o luns!!!